Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Castelao

Castelao

Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 30 de xaneiro de 1886 e finado no exilio, en Bos Aires (Arxentina), o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego.

Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. 

Foi homenaxeado co segundo Día das Letras Galegas, no ano 1964.


fonte texto: wikipedia
fonte video: documental "Castelao e os Irmáns da Libertade" (2000) de Xan Leira