Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Carlos López Gómez

Carlos López Gómez

Chinto

Escritor que forma parte do dúo de humor gráfico Pinto & Chinto, xunto ao ilustrador David Pintor. Asociados dende 1993, o dúo ten publicado as súas viñetas diarias en El Correo Gallego, O Correo Galego e, desde 1998, nos xornais do Grupo Voz (La Voz de Galicia, Diario de León, Diario 16 e La Voz de Baleares).

Carlos López Gómez publicou, ademais, o poemario Espello sen fondo (Espiral Maior 2000) e Minimaladas (Xerais 2007), Premio Merlín de Literatura Infantil, ilustrado por David Pintor.