Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de bOnOvO

bOnOvO

Tradición e vangarda explorando máis alá do coñecido

bOnOvO propón un espectáculo inquedo, cun ritmo frenético e bailabel que non deixa a ninguén indiferente. As inquietudes de tres consagrados músicos na busca dunha nova sonoridade xeran a mistura de músicas que levan no seu interior. Conforman un trío insólito de acordeón midi, zanfona electroacústica e batería.