Beladona
Beladona é un grupo formado a finais do 92. O primeiro traballo discográfico (“Bicos de Sol” 1999) fundía dun xeito elegante a música tradicional cos sons máis modernos e vanguardistas.
Celebrando os dez anos da publicación do seu primeiro traballo discográfico, publica o seu segundo album en 2010; unha lóxica evolución do anterior, pero nesta ocasión cun universo sonoro máis expandido, mantendo ao mesmo tempo o característico valor estético de Beladona. A forza e a enerxía súmase neste caso coa madurez na elaboración , interpretación e producción nos temas da banda.





