Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Banda Crebinsky

Banda Crebinsky

O grupo responsable desa banda sonora é a Banda Crebinsky, que salta da pantalla ás rúas e teatros de Galicia ataviados cos uniformes de banda de música soviética da época para envolvernos no ambiente da película. Cunha coidada posta en escena, a Banda Crebinsky garante festa e diversión cun pasarrúas imparable seguido dun concerto no que soa a música dalgúns dos pasaxes máis memorables da cinta.


A temática da película marca o ritmo desenfadado. Os pais dos protagonistas, un ruso e unha galega, ofrecen a mestura perfecta que lle dá un carácter inconfundible á música desta historia. Os responsables de darlle vida a esta proposta son oito músicos de amplas carreiras, comandados por Pablo Pérez e o bielorruso Vadim Yukhnevich.