Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Azos Jazz

Azos Jazz

AZOS é un brinde polo jazz vencellado a Galiza. Nace para apostar polos novos valores deste xénero no país e para dar conta das colaboracións artísticas entre jazzistas de calquera parte do mundo que teñan Galiza como lugar de encontro.

“Jazz” implica forzosamente unha concepción aberta das influenzas, procedenzas e destinos da música e dos músicos: AZOS quere ser unha fiestra sen límites ao mundo desde unha óptica galega.