Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Audia Records

Audia Records

Audia Records é un selo discográfico independente creado por Audia servicios audiovisuales coa finalidade de promover a música en Galicia. Este selo dedícase exclusivamente á produción de jazz nas súas máis diversas manifestacións, promovendo a obra de artistas galegos ou que realizan o seu traballo en Galicia.

Creado en 2.005, a filosofía da marca canalizou os seus esforzos en dúas direccións, por unha banda, apostou decididamente por achegar ao gran público un estilo reservado xeralmente ás minorías, producindo a músicos que fusionan o jazz con estilos musicais maioritarios, por outro, difundindo a obra de intérpretes de jazz xa consagrados tanto a nivel galego como nacional.