Ángel de la Cruz
A Coruña (1963)
(texto da avg)
Guionista, director e decorador. Colaborador de Manolo Gómez desde 1997, codirixiu con el “O bosque animado”, a súa primeira longametraxe. Iniciárase como guionista-director en 1995 con “Sitcom show”, curta vencedora do concurso “25 x 24” convocado pola Televisión de Galicia. Desde entón traballou en diversas curtas e foi galardoado con numerosos premios de guión. Compaxinou participacións en diversas produccións cinematográficas e televisivas, e guionizou varias das galas de entrega dos Premios da AGAPI.
Premios e recoñecementos: Nos Premios Mestre Mateo 2008 da Academia Galega do Audiovisual (entregados en 2009) o seu filme Os mortos van ás présas foi a produción máis galardonada, incluindo a categoría de mellor longametraxe. Premio “Manoel de Oliveira” ao mellor realizador no I Festival de Cine Independente do Porto (Portugal, 2009). “O bosque animado” valeulle en 2001 o Goya ó mellor filme animado e o Premio Galicia de Comunicación da Xunta. “Paranoia digital” valeulle os premios de mellor guión e mellor curta AGAPI 97. Con “Más difícil todavía” gañara no 96 o concurso “Cidades de Cine” e os premios AGAPI do 98 á mellor curta, mellor guión e mellor dirección. O concurso “Coruña de cine” premiou o seu guión “Recuerdos de un amante neurótico” (1996). No 94 o filme “Tirano Banderas”, no que traballou como axudante de decoración, mereceu o Goya nesta categoría.





