Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Andrés do Barro

Andrés do Barro

Andrés Lapique do Barro, nado en Ferrol o 1 de outubro de 1947 e finado na mesma cidade o 22 de decembro de 1989, foi un cantante e actor galego.

Coñecido popularmente como Andrés do Barro, ten o mérito de ser dos primeiros cantantes que usaron o galego na ditadura franquista, coas dificultades que levaba implícito. Porén, os manifestos atrancos para a expresión musical en galego non impediron que un sinxelo seu chamado "O tren" se situase como número un nas principais cadeas radiofónicas estatais.
 

Texto:galipedia