Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Andrea Nunes Brións

Andrea Nunes Brións

Andrea Núñez Briones, coñecida tamén como Andrea Nunes Brións, nada en Marín en 1984, é unha escritora galega.

Licenciouse en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 2009. É unha activista política e feminista. A súa obra céntrase no xénero poético, e está escrita na súa maior parte en lingua galega e é de carácter marcadamente feminista. Colabora de maneira activa en publicacións e proxectos relacionados co xénero e a lingua. Pertence ao grupo As Candongas do Quirombo. 

Todas as mulleres que fun, publicada en 2011, é un poemario ilustrado por Annet Borrás de temática erótica e de crítica contra o capitalismo, o patriarcado e a falta de consciencia ecolóxica.

 

Texto: galipedia