Amaia Míguez
Amaia Míguez, filla de pai galego e nai filipina, naceu en Biscaia en 1982 pero leva case toda a vida na Coruña. É deseñadora gráfica, pintora e ilustradora. Formouse na escola de Arte e Deseño da Coruña, aínda que debuxar leva debuxando dende que ten uso de razón. Gústalle a arte en prácticamente todas as súas vertentes. É seguidora do movemento artístico Low Brow norteamericano.
Traballou de freelance como deseñadora gráfica para varias empresas galegas e en 2009 foi a deseñadora oficial dunha obra de teatro húngara, Os soñadores (baseada no filme de Bertolucci). Na actualidade está a expoñer a súa obra recente por diferentes lugares da Coruña. Admira a estrela do porno Sasha Grey, e de feito xa a ten debuxado en máis dunha ocasión.





