Álvaro Cunqueiro
Álvaro Cunqueiro Mora, nado en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1981, foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo, considerado un dos grandes autores da literatura galega.
Foille dedicado o Día das Letras Galegas en 1991.
Foi o autor da famosa cita Mil primaveras máis para a lingua galega, que figura actualmente na súa sepultura "Eiqui Xaz alguén, que coa súa obra, fixo que Galicia durase Mil primaveras máis" xunto con outra que reza, "loubado seña deus que me permitiu facerme home neste grande Reino que chamamos Galicia".
Texto: Galipedia





