Abe Rábade
Fillo dos escritores Xesús Rábade Paredes e Helena Villar Janeiro e irmán da poeta María do Cebreiro, comezou os seus estudos musicais en Santiago de Compostela, trasladándose posteriormente a EEUU onde perfeccionou os seus estudos e obtén unha licenciatura Cum Laude en Jazz Composition e Piano Performance por Berklee College of Music (Boston). En 2000 fixou a súa residencia en Santiago de Compostela, e un ano despois recibiu o prestixioso Premio Tete Montoliú ao Pianista Revelación en España
En 2005 formou xunto a Guadi Galego e Ugia Pedreira o grupo Nordestin@s, un dos múltiples proxectos nos que participa ou colabora, sendo un dos artistas galegos máis prolíficos da actualidade.
Fotografía: Sergio Cabanillas





