3Azoteas
3Azoteas son: · Miguel Queixas - batería · Pablo Pérez - baixo · Iago Mouriño - piano, teclados
Fundado en 2008, pronto destaca dentro do panorama actual do jazz galego.
3Azoteas ten como única pretensión darlle cabida ás inquedanzas musicais colectivas dos seus integrantes, tomando o jazz como punto de partida, pero dende unha perspectiva aberta, sen prexuízos nin imposicións estilísticas ou compositivas. O nome do grupo pode verse como unha alegoría do que implica como elemento construtivo; tres azoteas decoradas, organizadas e amobladas dunha forma diferente, pero integrantes do mesmo edificio e por tanto ensambladas dentro dunha construción e duns parámetros arquitectónicos similares.
Este encontro musical, esta sorte de comunidade de veciños creativa, tenta facer un compendio dos gustos e experiencias musicais dos seus inquilinos para dar lugar a un proxecto no que a música se estenda como un fluído por riba das estruturas.





