Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Raianas

Dispoñibilidade: 10-15 días

Ano: 2011
Formato: CD
Idioma das letras: Galego
Código de barras: 804071008015

Raianas

Malvela

Editora: Fol Música
Participan: Uxía, Carlos Blanco

14,50€

4º álbum de Malvela gravado ao vivo.

Malvela transmite neste álbum un ambiente festivo coa forza e convicción naturais coa que estas mulleres se empregan cada vez que pisan un escenario. Un concerto seu é sempre emocionante e participativo, unha ocasión única para gozar da mellor música popular. As cantareiras Malvela están acompañadas polo seu grupo habitual e por convidados como Uxía, Carlos Blanco, Nuria Freiría, Oli Xiráldez e a poeta de Mos María Magdalena.

Raianas é unha viaxe pola música de ambas beiras do Miño, na que aparecen cantos tradicionais e actuais e no que soan temas novos xunto con algúns dos máis coñecidos do grupo, como a versión de “O Pirimpimpín” que se escoita na serie Padre Casares, que por primeira vez foi gravada en disco. O álbum céntrase no repertorio raiano, nun afán de irmandade con Portugal que Malvela amosou xa desde o seu primeiro disco.