Dispoñibilidade: 5-7 días
Ano: 2011
Formato: CD
Idioma das letras: Galego
Código de barras: 8436030493321
Ref.: Murgaliza 02
Feita en Riobó
Editora: Autoeditado
"Feita en Riobó” é o segundo traballo discográfico de A Requinta de Xián. O título merece pouca explicación para os ulláns pois Riobó é o berce da requinta. No obradoiro dos García de Riobó, situado na Estrada (Terra de Tabeirós- Pontevedra) e con case tres séculos de tradición, pensouse e materializouse a idea da requinta, unha frauta traveseira deseñada para acompañar as gaitas tumbais e que segue os patróns clásicos franceses, pero con peculiaridades que pensamos permiten dicir que supoñen un desenvolvemento propio deste obradoiro e non unha copia literal dunha frauta francesa de finais do XIX, como outros teñen pretendido.
Se no seu primeiro traballo discográfico quixeron amosar a riqueza das frautas traveseiras (frautas, requintas, pínfanos e frautas de cana) que aparecen na Ulla, neste segundo queren facer fincapé nos diferentes tipos de agrupacións musicais que os tocaron, rememorando tanto a súa historia coma o seu son. É por iso que nas gravacións acharedes pezas tradicionais da Ulla interpretadas cos diferentes tipos de formacións que foron quen de documentar.





