Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Consentimento

Dispoñibilidade: 10-15 días

Ano: 2011
Formato: CD
Idioma das letras: Galego
Código de barras: 804071008299

Consentimento

Leilía

Editora: Fol Música
Participan: Eva Moreda, Yolanda Castaño, Marilar Aleixandre, Ana Romaní, Eva Veiga, Mariña Pérez, Ana Amado

13,50€

A finais do 89 decidimos dar a coñecer a música tradicional de Galicia, ao son de pandeiretas e voces, convencidas de que o canto galego, pola súa singularidade e forza, debía ter un espazo propio nos escenarios.

ConSentimento é un homenaxe a todas as mulleres que fixeron e fan realidade a creación, a conservación e a transmisión da tradición oral galega.

Un agradecemento personificado na figura de Eva Castiñeira, unha cantadora, unha pandereteira, unha muller como tantas e tantas mulleres que dende case o anonimato sementaron a nosa terra de arte, cultura e beleza.

Coa inestimable colaboración do músico e arranxista compostelán Xoán Porto, propoñemos neste quinto traballo unha concepción musical acorde a unha nova realidade. Un disco no que apenas tres instrumentos: guitarra, acordeón e contrabaixo, abrigan á perfección a beleza do canto tradicional, os versos de varias das mellores poetas galegas da actualidade: Ana Romaní, Yolanda Castaño, Eva Moreda, Mariña Pérez, Eva Veiga, Ana Amado e Marilar Aleixandre.