Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Bricania

Dispoñibilidade: Inmediata

Ano: 2004
Formato: CD
Idioma das letras: Castelán, Galego
Código de barras: 8436030490214
Ref.: FAL095

Bricania

Fiandola

Editora: Falcatruada

18,30€

O grupo de música tradicional Fiandola é un grupo adicado á música galega con raíces tradicionais. Fiandola basea o su repertorio na música tradicional de transmisión oral (recollida gracias ó traballo de campo realizado polos seus compoñentes),nos cancioneiros publicados sobre música tradicional así coma na composición de novos temas de creación propia.

Fiandola traballa e investiga todo este material imprimindo o seu carácter a este repertorio mostrando diferentes xeitos de entende-la música tradicional adoptando diferentes morfolóxias como grupo. Así, as pezas interprétanse en diferentes modos e maneiras, con composicións como grupo tradicional de pandereteiras ou gaiteiro solista, as novas formas como cuarteto, a charanga ou murga, ou grupofolk moderno; logrando un directo variado e agradable a ouvido e entendemento.

Fiandola presenta unha morfoloxía variada misturando instrumentos tradicionais e populares como gaita, bombo, pandeireta, tambor,... instrumentos tardo-tradicionais, incorporados á súa música en etapas máis recentes, como acordeón, bombo-chaston,... ou novos instrumentos que lles permite colorear o seu repertorio con novos matices como o cencerro, darbuca,...