Dispoñibilidade: 10-15 días
Ano: 2010
Formato: CD
Idioma das letras: Galego
Código de barras: 804071001566
Ref.: 100FOL1044
Barlovento
Editora: Fol Música
Participan: Rosa Cedrón, Anxo Pintos, Rodrigo Romaní, Xosé Liz de Cea
Barlovento vai dedicado aos homes e mulleres que se sinten herdeiras dun patrimonio cultural froito das necesidades vitais dunha sociedade moito mellor adaptada ao seu entorno que a que actualmente vivimos. A recuperación da navegación antiga a vela, a reconstrución das embarcacións de madeira que noutros tempos sulcaron os mares e as rías galegas, seu uso no deporte, no lecer, na educación dos máis novos, exemplifica o importante papel que as tradicións poden xogar desde o punto de vista social, antropolóxico e tamén económico. Como a música máis evocadora, o son do vento nas velas arrola a volta á vida da rica cultura marítima dos nosos antergos, mergullada nun presente de acentos propios e brazos abertos ao futuro.





