Dispoñibilidade: 5-7 días
Ano: 2011
Formato: CD
Idioma das letras: Galego
A fronda dos cervos
Editora: Fol Música
Participan: Óscar Fernández
O mítico grupo DOA, precursor do folk progresivo e do rexurdimento da música antiga, obséquiannos cun novo traballo dedicado enteiramente á lírica galega medieval, despois de máis de trinta anos da edición do seu primeiro disco Ou Son dá Estrela Escura.
Os integrantes da formación son tres dos fundadores do grupo, Xoan Piñón, Xaquín Branco e Bernardo Martínez, artistas polivalentes de ampla traxectoria tamén nos campos da fotografía, a pintura, e o teatro, a poesía, e a música experimental. Nesta ocasión súmaselles o zanfoñeiro Óscar Fernández, unha das figuras máis importante no panorama do novo folk, fundador dos grupos Os Cempés e Bonovo. E a impresionante voz da prestixiosa soprano Susana de Lorenzo, posuidora de gran técnica, emoción e matices.
Con este novo traballo, o grupo indaga na simboloxía de foresta antiga, dando mostra, unha vez máis, da súa mestría e orixinalidade.
Temas:
VERDES HERBAS 03:38 Música: Bernardo Martínez. Texto: Pero Meogo
ESTES MEUS OLLOS 03:33 Baseado na Cantiga de Sta. María. Alfonso X. Texto: Johan García de Guilhade
LEVOUSA FREMOSA 04:18 Música: Xoan Piñón. Texto: Pero Meogo
GRAN DEREIT 03:58 Baseado na Cantiga de Sta. María. Alfonso X.
PORQUE NO MUNDO MENGUOU A VERDADE 03:17 Música: Xosé Quintas Canella. Texto: Airas Nunes
CANTIGA II DE MARTíN CODAX 05:05 Baseado na Cantiga 2 de Martín Codax
VODA MOZáRABE 03:40 Baseado na Cantiga de Sta. María. Alfonso X.
SEDIAME EU NA ERMIDA DE SAN SIMóN 03:47 Música: Xosé Quintas Canella. Texto: Meendinho
O MAROOT 3:25 Baseado na Cantiga de Sta. María e un Lais (Cantiga de Escarnio e Maldecir)
SANCTI IACOBI 06:01 Baseado no Códice Calixtino





