Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Vigo Ye-Yé

Dispoñibilidade: Últimas unidades

Ano: 2008
Formato: CD+DVD
Idioma das letras: Castelán, Inglés
Código de barras: 8437006898362
Ref.: PAI-RP-08/053

Vigo Ye-Yé

VV.AA.

Editora: Pai Música

12,20€

Vigo foi unha das cidades do Estado que con máis decisión sumouse ao máxico movimento musical que definíu a década dos sesenta.

Toda unha xeración de adolescentes, ós que remataron por coñecerse como "ye-yés", amosaba non só a súa rebeldía contra o sistema opresivo e inxusto utilizando a música coma principal argumentos, senón que tamén demostraban a xenialidade e a inspiración dunha xuventude con desexos de mudar o mundo.

Logo de máis de corenta anos, aqueles bravos músicos volven a xuntarse para colaborar na creación dun traballo discográfico orixinal que tributa a toda unha época, e ofrece a súa homenaxe ós que ficaron no camiño.

Dez bandas históricas, un CD con vinte temas orixinais, e un DVD con dez videoclips definen con toda propiedade un fenómeno no que Vigo estivo na avangarda.

"Vigo Ye-yé", unha parte da nosa historia.