Dispoñibilidade: Inmediata
Ano: 2007
Formato: Vinilo+CD
Idioma das letras: Galego
Características: Inclúe:
VINILO 12"
+ CD audio
+ Póster do Grupo
Código de barras: 8436030491037
Ref.: FAL377
Tres
Editora: Falcatruada
Oferta Especial!
Lévate un pack co cd-audio, o disco en vinilo e un póster do grupo a un prezo único
Tres é a última entrega dos The Homens, un grupo de power pop que, se ben podería ser catalogado como británico, está considerado a mellor formación do xénero en Galicia. Letras que non buscan o lado amargo da vida, senón o máis ácedo e divertido, retrousos pegadizos e bailábes... sen esquecer as súas raíces: power pop en estado puro, e cantado en galego.

Melodías, actitude e, sobre todo ganas de festa. Así é Tres, o disco co que Martiño Whu (guitarra e voz); Xocas (batería) e Roi (baixo e voz) voltan á primeira liña da actualidade musical. O disco conta con once temas nos que a intensidade das guitarras e dos retrousos nunca baixa. Tres foi gravado nos estudos Ultramarinos Costa Brava de Santi García, guitarra e voz de No More Lies, un lugar polo que xa pasaran os Tokio Sex Destruction, Charades ou Nueva Vulcano, entre outros grupos da escena alternativa catalá... Alí puideron engadir os arranxos do propio Santi García en forma de órgano hammond, trompetas, acordeón e percusión.





