Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Todas las naves espaciales son de plástico

Dispoñibilidade: Inmediata

Ano: 2005
Formato: CD
Idioma das letras: Castelán
Código de barras: 8436030490467
Ref.: FAL103

Todas las naves espaciales son de plástico

Kimuru

Editora: Falcatruada

10,16€

O lucense Quique Fernández Muruais sorprende cun disco que se atopará sen dúbida entre as grandes revelacións deste ano 2006. Todas las naves especiales son de plástico (falcatruada, 06) ten moito e bó por descubrir.

Tras formar parte de varios grupos en Lugo, Kimuru é a súa nova encarnación, a orixinalidade musical deste compositor que nos achega a unha escolma de pop electrónico atrevida e á vez madura, con referencias constantes a grandes clásicos. Cancións sinxelas e frescas na procura doutro xeito de espacio interior e exterior, cancións que ás veces rozan o minimalismo musical nos seus arranxos e con letras que amosan encontros e desencontros.

Quique fala así do seu disco: “Trátase de procurar telo moi claro. Facer o que che gusta tendo as ventás abertas á túa propia memoria musical. Esquecerse de se vai a poñer, ou non, á xente en xeral, ou a alguén determinado. De se as túas cancións encaixan ou non nos tempos que corren. E, por suposto, rodearte da xente indicada, e niso eu si tiven sorte. Resumindo, facer música con liberdade dabondo. E cancións ás que un poida chegar con pleno convencemento emocional, empregando as ferramentas e os medios dos que dispoña”.

Interesa saber tamén onde atopa a súa inspiración: “Nas cousas que me interesan. No amor e os seus múltiples reversos. O tempo e a viaxe. Na vida e a morte. No fascinante espacio exterior e o inescrutable espacio interior. En asuntos exclusivamente persoais. E nunha serie de chorradas de vital importancia para min. As dependencias emocionais e físicas. Emprego tamén algunhas imaxes que ven os meus ollos, que moitas veces non dou descifrado ou entendido, pero que me axudan a imaxinar historias, ou me ofrecen un punto de partida absurdo cara o que coñezo”.

Este, o seu primeiro disco Todas las naves espaciales son de plástico, foi gravado nos estudios Abrigueiro (Friol, Lugo) por Arturo Vaquero, quen tamén co-produce o traballo xunto a Quique e participa activamente na música de tres dos temas. Os outros músicos participantes no disco, tamén lucenses, son César López (baixo) e Martín Alonso (guitarra de Holywater).