Dispoñibilidade: Inmediata
Ano: 2004
Formato: CD
Idioma das letras: Castelán, Inglés
Código de barras: 8436030490177
Ref.: NT001
Sils María
Editora: Nothing Toulouse
Disco do Ex- Esquizos e Ex- Kosmic Muffin
Empezou nisto da música ao catorce, deixando un rastro de pequenas xoias inmortais que agora convidaron a xestar o novo elo dunha fértil carreira en constante evolución. Sils Maria bebe así da experiencia de Pedro Granell nos Eskizos, banda rock de culto que publicou o seu primeiro ep en Subterfuge Records, e en Kozmic Muffin, formación vangardista e culpable do álbum Nautilus (1994), hoxe considerado pola prensa especializada como un dos mellores discos da rara historia do rock sinfónico nacional.
Desde entón, o mito engordou. Tras un silencio necesario pero tamén activo, este licenciado en filosofía e crítico musical sorpréndenos cunha obra cargada de madurez que se afasta de todo sen distanciarse de ninguén. Un compendio de bo gusto e experimentación que rompe nuns temas e acariña noutros, mantendo a poesía como un ser cotián sen aditivos. A honestidade que desprenden os textos de Sils Maria é constante e o seu estilo musical apóiase nos alicerces do directo, o variable e o inclasificable.





