Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Nihil Obstat

Dispoñibilidade: 5-7 días

Ano: 2011
Formato: CD
Idioma das letras: Castelán
Código de barras: 8429006004836
Ref.: 406MTP1002

Nihil Obstat

Disco las palmeras!

Editora: Matapadre

16,19€
14,50€

Nunca tan poucos fixeron tanto! Esta frase de Winston Churchill referíndose a como a maltreita aviación británica resistiu o envite da temible Luftwaffe de Hitler, é ideal para definir a un grupo que con só dúas guitarras e batería é capaz de recrear unhas sonoridades impropias nun trío. Todo isto grazas a unha guitarra modificada cunha corda de baixo e a un complicado armazón de amplificadores e pedais de efecto, que dan a sensación de que os músicos se multiplican.

Situados a medio camiño entre shoegaze, spacerock, noise e punk, beben de influencias como the jesus and mary chain, spacemen 3 ou my bloody valentine, pero con tratamento e son puramente contemporáneo. As súas afiadas guitarras acompáñanse dunhas baterías orixinais e contundentes que se afastan do habitual. Poéticamente apocalípticos e críticos, forman unha perfecta banda sonora dos nosos días.

A gravación de ?nihil obstat?, disco producido polo prometedor Iago Lorenzo e masterizado por Alan Douches (animal collective, the rapture, the chemical brothers?) nos West West Side Studios de Nova York, foi un verdadeiro laboratorio sonoro, chegando a usar 8 amplificadores, 10 guitarras e máis de 50 pedais de efecto nun longo proceso que os levou por tres diferentes estudos durante varios meses. Un traballo excepcional, onde todo foi coidado co máximo mimo.

Na súa época maquetera, disco las palmeras! demostraron estar moi por encima da media e non pasaron inadvertidos, destacando como 2ª mellor maqueta do ano segundo Mondosonoro Galicia ou unha das bandas a ter en conta por I like magazine e o fanzine Que grata sorpresa (Sinnamon Records). Ademais de quedar entre os 5 mellores grupos nacionais de entre os centos de bandas que se presentaron ao Eurodemo Santander. Foron convidados a un bo número de festivais e ciclos, como o NT en Mallorca, o Don't relieve the hype en Madrid, o festival Sereas e Piratas na Coruña ou a Primavera Sound 2010 de Barcelona (ao que accederon ao gañar o concurso festival sen códigos, no que participaron case 1000 grupos noveis de toda España).

O seu directo destila forza por todas partes. Sempre rápidos, viscerais e paranoicos, tocan a volumes non aptos para todos os oídos, logrando que o macarra e o refinado déanse a man.
 

LISTADO DE TEMAS: 01 La casa cuartel, 02 A los indecisos, 03 Del miedo a mis viajes, 04 Desde hoy perfecto, 05 No lugares, 06 Estados emocionales (y vaticanos), 07 Me la jugasteis en China 08 Los nuevos nihilistas, 09 La soga umbilical, 10 Los economistas, 11, Testigos de Dios.