Dispoñibilidade: Últimas unidades
Ano: 2010
Formato: CD
Idioma das letras: Castelán
Código de barras: 8436030492980
Ref.: FAL673
negroscurocasiclaro
Editora: Autoeditado
NOC presenta "negroscurocasiclaro", un álbum maduro, moderno, especial... e que respira frescura por tódalas partes. Nela, amosan claramente a evolución natural dunha banda involucrada e comprometida, que aposta por un proxecto de futuro, e que veñe pisando forte. Dentro deste LP atoparemos a visión mais cálida e positiva da súa peculiar maneira de comprender a música rock, marcada por sons e recursos actuais e independentes cun elo común co mundo underground, de onde proceden, pero cunha clara compoñente mainstream ó cal opositan como serios candidatos. Para acadar isto traballaron durante dous anos, o carón do produtor Alber Castro, que deixouse cautivar dende o inicio do proxecto, formando parte do equipo como gurú e técnico de son da banda. Gravado durante os meses de xullo, agosto e setembro de 2009 en Son do Tagalem "negroscurocasiclaro" contén once temas que brillan con luz propia, once temas de forte personalidade que conseguirán sacarnos do ostracismo diario no que vivimos e que aspiran a cautivar ó público máis exixente que fuxe da radio-fórmula convencional.





