Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Las erres dobles

Dispoñibilidade: Inmediata

Ano: 2010
Formato: CD
Idioma das letras: Castelán
Código de barras: 8436030493192
Ref.: FAL720

Las erres dobles

Silvia Penide

Editora: Autoeditado

8,00€

Silvia Penide amplía o seu particular universo coa presentación do seu novo traballo, “Las Erres Dobles”, (autoeditado ‘10) co que da un acertado paso cara adiante e se consolida xa como unha das voces destacadas no panorama musical actual.

Producido por Juan de Dios Martín (Deluxe, Lovely Luna..) o cuarto álbum de estudio de Silvia Penide recrea a imaxinación , madurez e determinación que só unha artista que mantén un continuo pulso coa sinceridade na súa composición musical, podería ofrecer.

Este cuarto traballo editado en formato EP, inclúe 5 temas nos que Silvia plasmou esa sutil combinación de sonoridades e ritmos que xa nos anticipara no seu anterior traballo, Desafinante Crónica (Falcatruada 07), e que aquí acadan a súa plena madurez.

Non sería acertado buscar unha etiqueta na que situar a esta artista xa que a súa linguaxe musical atravesa, de medio en medio, un camiño que vai dende a canción de autor ata a experimentación e a electrónica pasando por estilos como o pop ou o folk americano de voces como a de Laura Veirs, Regina Spektor ou Kimya Dawson.