Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de La vida habla cuando paran los relojes

Dispoñibilidade: Inmediata

Ano: 2004
Formato: CD
Idioma das letras: Castelán
Código de barras: 8436030490030
Ref.: FAL067

La vida habla cuando paran los relojes

Revolujoin

Editora: Falcatruada

6,09€

Despois de oito tempadas na verdadeira escena alternativa, REVOLUJOIN sacan á rúa "La vida habla cuando paran los relojes", 11 temas arroupados por unha presentación de luxo en formato digipack.
Composicións arredor do pop-rock pero cun son totalmente único e cuns amaños instrumentais que medraron co grupo e que proveñen na súa maior parte dos ensaios, concertos e achegas dos músicos que ao longo de oito anos moldearon o concepto Revolujoin.
Gravado a cabalo entre os estudios Bonham e o "home studio" que Revolujoin teñen en A Coruña, o audio que conforma o seu primeiro disco masterizouse a finais de abril en Dinamarca, nos estudios de mastering de T.C.Electronics.
O título do disco, "La vida habla cuando paran los relojes", invita a observar os outros reloxos, os da vida, a terra, o universo exterior e os billóns de micromundos existentes.