Dispoñibilidade: 10-15 días
Ano: 2011
Formato: CD
Idioma das letras: Galego
Importame merda
Editora: Autoeditado
12,99€
"Importame Merda" é o seu cuarto traballo discográfico. A liña dos doce novos temas son a Sota, Cabalo e Rei do cancioneiro de antros onde se nutren os protagonistas dos contos inventados en base de Rock. Son historias que nacen na taberna e continúan unha noite tras outra con distorsión e contundencia. Novas cancións de Kastomä que abren unha porta para irse voando lonxe das malas vibracións, coa maleta baleira pousada na vella estación. Agardando un tren que circula a toda máquina polas vias da noite de cada quen.





