Dispoñibilidade: Últimas unidades
Ano: 2008
Formato: CD
Idioma das letras: Galego
Código de barras: 8436030491358
Ref.: FAL437
Galicia es una mierda
Editora: A Regueifa Discos
Ataque Escampe gosta de definir o seu estilo como "rock de serie B", porque partindo dunha instrumentación propia do rock acústico (guitarras acústicas, acordeón, violín) e de elementos pouco habituais no xénero (kanzoo, caixón flamenco, xilófono), acada unha sonoridade propia que combina forza e sinxeleza a un tempo. Texturas co sabor do folk-rock americano de Neil Young, Violent Femmes ou Micah P. Hinson, únense ao espírito de banda como Os Resentidos ou Los Enemigos para aproximarnos á fórmula de Ataque Escampe. Mais só para aproximarnos, porque o eclecticismo do grupo é marabillosamente desconcertante: pop, canción de taberna, punk, country, vals ou rumba son só algúns dos camiños percorridos pola expedición. "Galicia es una mierda" é un disco irónico e tráxico con versos ambiciosos que perseguen constantemente a contradicción, de Manuel Antonio aos Tons, de John Wayne a Lenin ou de Los Panchos a Neil Young. Ataque Escampe ten importantes recoñecementos, entre eles o de gañador da I Mostra de Canción e Autor Utopía Son en 2006 ou o GZCrea de novos creadores musicais en 2007.





