Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Tradicción

Dispoñibilidade: Inmediata

Ano: 2009
Formato: CD
Idioma das letras: Galego
Código de barras: 8436030492300
Ref.: FAL595

Tradicción

Nova Galega de Danza

Editora: Falcatruada
Participan: Xabier Díaz, Pedro Lamas, Miguel Queixas, Ricardo Rozas "Richi", Suso Iglesias, Jacobo de Miguel, Toño Domínguez, Juan Collazo

15,25€

Tradicción é a terceira entrega das músicas da Nova Galega de Danza, unha compañía que leva máis dunha década fusionando ao vivo a danza e a música de raíz galega, tradición e avangarda con vocación universal.

Tradicción é, igualmente, a derradeira entrega dunha triloxía que comezou en 2003 co espectáculo ALENTO e continuou en 2007 con ENGADO. Agora chega TRADICCIÓN, a consolidación dun proxecto que vén de recibir o Premio de Ciencias e Artes da Representación 2009 outorgado pola Fundación Premios da Crítica - Galicia. Este merecemento consolida a arriscada aposta realizada pola Nova Galega de Danza, nadando a contracorrente no panorama escénico e musical do país.

Este disco, a banda sonora creada por Pedro Lamas para os sete bailaríns que participan do presente espectáculo, ofrece unha achega da noso folclore e dos nosos costumes atravesada co inspirado filtro duns músicos que, arestora, representan a avangarda da música tradicional galega e participan en diferentes formacións punteiras do país.