Dispoñibilidade: Últimas unidades
Ano: 2009
Formato: CD
Idioma das letras: Galego
Código de barras: 8436030492546
Ref.: FAL623
Tiruriru
Editora: Falcatruada
Participan: Fernando Abreu
Frescura, orixinalidade e esmero. É o regalo do Cuarteto Caramuxo nos trece temas que forman “Tiruriru”. Gañadores do Festival Folk Cancioneiros da Fundación Pedro Barrié de la Maza, Felipe Agell, Xoán Carlos Vázquez, Óscar Prieto, Fernando Abreu, Patricia Cela e Alonso Caxade reinterpretan melodías tradicionais dos cancioneiros galegos, composicións de autores contemporáneos feitas para o grupo, e melodías inspiradas noutras culturas, no jazz e no pop. Tras case vinte anos de mestura de formacións académicas e bagaxes musicais moi variadas, o Cuarteto Caramuxo ofrece unha posta en escena festiva repleta de coidados co público: é o “Tiruriru”, a declaración do pracer de facer música.





