Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de SOAS - Muller

Dispoñibilidade: 5-7 días

Ano: 2010
Idioma das letras: Galego
Código de barras: 804071001986
Ref.: 100FOL1049

SOAS - Muller

Cristina Pato, Rosa Cedrón

Editora: Fol Música
Participan: Bratislava Symphony Orchestra, Octavio Vázquez

17,69€
14,95€

A pianista Cristina Pato e a violonchelista e cantante Rosa Cedrón, xuntas e arroupadas por unha orquestra sinfónica. Á súa mestría, acadada tras unha dilatada traxectoria artística, únense o amor pola música popular, a literatura galega e a música clásica. Cancións con arranxos inéditos, nunca antes utilizados e un reto artístico que culmina con momentos sublimes inzados de beleza e saudade. Sobresainte.

"Soas", é a combinación de dúas das artistas galegas máis internacionais do noso tempo: A pianista e gaiteira Cristina Pato e a cantante e violonchelista Rosa Cedrón. Ambas, están fortemente vencelladas coa música galega e ambas teñen en común unha sólida e académica carreira clásica. A idea de mesturar a música tradicional galega coa música clásica é a orixe do proxecto "SOAS"

Feminidade, sensualidade, amor e paixón son os tema principais do seu primeiro traballo xuntas: MULLER, é o título desta sorprendente produción.

Para Muller, Cristina e Rosa seleccionaron algunhas das cancións tradicionais galegas máis significativas: María Soliña, Unha noite na eira do trigo, Heicho de dar e arranxáronnas para voz, piano e orquestra. Tamén incluíron as súas propias composicións nun disco que combina dúas partes de sensibilidades complementarias: Soas, piano e voz e Soas, coa Bratislava Symphony Orchestra, interpretando os arranxos que veñen da man do compositor galego Octavio Vázquez.

A cálida e tranquila atmósfera do álbum e o impecable estilo destas dúas marabillosas artistas fan de Muller, una referencia histórica na música gallega.