Dispoñibilidade: 5-7 días
Ano: 2011
Formato: CD
Idioma das letras: Galego
Código de barras: 804071002136
Simbiose
Editora: Fol Música
Ialma celebra 10 anos de traxectoria cun novo CD baixo o título de "SIMBIOSE". Ialma son un grupo formado por 5 mulleres “cantareiras”: Magali, Marisol, Natalia, Nuria e Verónica. Aínda que son residentes en Bruxelas, seguen a manter unha conexión vital con Galicia, a súa terra de orixe e principal fonte de inspiración artística. O son tradicional característico das “cantareiras” se mestura con cancións, melodías e arranxos máis modernos, tendo coma resultado unhas cancións moi frescas e alegres, unha combinación intelixente entre tradición e pop.
Ialma quere simbolizar os seus 10 anos de vida a través da colaboración con 10 artistas galegos, e 10 disciplinas artísticas que, dalgún xeito, teñen parte na historia do grupo: Enrique Otero, Casa de Xantar O 16, Marco Méndez, David Aranda, El Puto Coke, Obradoiro Seivane, Carlos Blanco, Xavier Queipo, Adega Terras Gauda e Serxio Cobos. No amplo libreto do álbum podemos atopar fotos e textos explicativos.
Track list
1 6:00 a.m.
2 Na Iauga
3 Simbiose
4 Vals 10
5 100 Voltas
6 Voltar
7 Dance like A Galician
8 Ialma Torna
9 Grixoa
10 Xota do Amencer
11 Carraskashion





