Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Riobó

Dispoñibilidade: 5-7 días

Ano: 2011
Formato: CD
Código de barras: 8437004262653
Ref.: 425ZOU1065

Riobó

Riobó

Editora: Zouma

11,99€

Begoña Riobó é, actualmente, a violinista con maior proxección do panorama musical galego. Cunha destacada traxectoria artística, na que formou parte das bandas de Carlos Núñez, Susana Seivane, Anxo Lorenzo ou Sondeseu, preséntase como a primeira violinista folk galega en liderar o seu propio proxecto.

"Riobó" é o nome do grupo de Begoña, e tamén o título do seu primeiro traballo discográfico, que se caracteriza polo virtuosismo dos seus músicos á hora de arranxar e interpretar melodías da tradición galega, sendo fieis ás súas formas e orixe. Así, cada concerto convértese nunha mostra de sensacións, na cal conviven as raíces culturais máis profundas con fórmulas interpretativas actuais.