Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Nordestin@s

Dispoñibilidade: Últimas unidades

Ano: 2007
Formato: CD
Idioma das letras: Galego
Código de barras: 8436030490719
Ref.: FAL300

Nordestin@s

Nordestin@s

Editora: Falcatruada
Participan: Guadi Galego, Ugia Pedreira, Abe Rábade

15,25€

Nordestin@s é un proxecto musical formado por tres dos músicos máis relevantes da nova escena galega: o pianista Abe Rábade, Guadi Galego (voz en Berrogüetto, Espido e Galegoz), e Ugia Pedreira (Chouteira, Marful). Foi gravado ao vivo no Teatro Principal de Santiago de Compostela en setembro de 2006, e cáseque dous meses despois da súa saída ao mercado, convertéranse na sensación de vendas en Galicia. I é que a fórmula non podería ser máis sinxela: as voces núas de Guadi e Ugia, herdeiras da mellor tradición vocal galega, modelan o repertorio do cancioneiro mariñeiro do norte de Galicia, achegándonos á súa infancia e á música popular transmitida durante xeracións. E, envolvendo este dúo, as harmonías contemporáneas, a elegancia e o talento dun dos mellores músicos de jazz da península, o compostelán Abe Rábade.