Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Mondopétriz

Dispoñibilidade: Inmediata

Ano: 2005
Formato: CD
Idioma das letras: Castelán
Código de barras: 8436030490221
Ref.: FAL099

Mondopétriz

Mondopétriz

Editora: Falcatruada

9,14€

O que Mondopétriz quere ofrecer co seu disco homónimo é, cando menos, un exercicio de risco estilístico, se cadra de aí a grande variedade de cualificativos que se teñen empregado para descreber o seu estilo: dende folk-rock progresivo, rock con gaita, psico-folk, fusión de folk… Nembergantes, a chave da súa estratexia musical é non limitarse a adaptar cancións convencionais a unha instrumentación moderna. Máis ben ao contrario: eles adaptan composicións absolutamente libres a instrumentos tradicionais, mesturándoos despiadadamente coas ferramentas musicais que aparezan polo camiño.
Esta ambigüidade, ou quizáis esa amplitude de miras, é o que lle permite ao grupo colarse en toda caste de festivais de folk, concertos de rock, blues… En realidade, o feito de non seren folkloricamente correctos failles a miudo sentirse máis a gusto en escenarios alonxados do purismo.
Mondopétriz foi fundado en Ferrol no 2002 por músicos que adoptaban tocar estilos musicais do máis diverso, nos límites da música clásica ou o jazz, rock ou folk. O seu interese en facer algo diferente mesturando todos estes estilos foi o que deu o pulo definitivo para a creación do grupo.