Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Meu canto

Dispoñibilidade: 5-7 días

Ano: 2011
Formato: CD
Idioma das letras: Castelán, Galego, Portugués
Código de barras: 804071002211
Ref.: 100FOL1052

Meu canto

Uxía

Editora: Fol Música
Participan: Sérgio Tannus, Lenine

14,99€

En Meu Canto, Uxía achéganos aos temas fundamentais da súa discografía e a outros novos, no seu proxecto máis íntimo e persoal. Unha proposta limpa de artificios na que o fundamental é a súa excepcional voz.

  1. Verde-gaio
  2. Rianxeira
  3. Os teus ollos
  4. Daquelas que cantan
  5. Alalás encadeados
  6. Menino do bairro negro
  7. Minha missão
  8. Cantar e sorrir
  9. Rosa namorada
10. Terra minha e súa
11. Ramo verde
12. O cuco a cantar
13. Como la cigarra
14. Xente da festa
15. Alalá das mariñas

Uxia ten unha voz fermosa e serena que foxe do seu virtuosismo exhibicionista e faise transparente, para mostrarnos unha artista madura, que comprendeu que non hai nada máis sofisticado que o esencial e que a voz é o único instrumento que nunca minte.

Uxía segue o ronsel dunha cultura que viaxa e cambia o significado e a natureza das fronteiras. Nesta ocasión a súa travesía lévanos a Brasil, onde foi gravado este traballo, nos estudos da editora Biscoito Fino, en Rio de Janeiro. A elección non foi casual, abordar este novo reto con produción do prestixioso músico Jaime Alem (produtor de Maria Bethânia), o talento e a complicidade do virtuoso instrumentista Sérgio Tannus, tamén escoitamos Os Teus Ollos xunto con Lenine, toda unha garantía para palabras e músicas que saen sempre en grao sumo profundo e íntimo do seu ser, da súa alma.

25 anos de carreira artística convértena nunha das voces máis populares e valoradas en lingua galega. As súas cancións seguirán tendo a presenza latente da música tradicional, cun tratamento innovador.

Unha voz máis contida e máis profunda que nunca. Unha voz que mostra toda a forza e toda a vulnerabilidade coa que Uxía chegou a este punto do camiño, coa convicción de que un pobo que cantou desde tempos inmemorables non pode perder un instrumento tan fundamental como a propia voz, o propio canto, Meu Canto.