Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Marful

Dispoñibilidade: 5-7 días

Ano: 2006
Formato: CD
Idioma das letras: Galego
Ref.: NUBE1003

Marful

Marful

Editora: Producciones Efímeras
Participan: Ugia Pedreira, Marcos Teira, Pedro Pascual, Pablo Pascual, Xacobe Martínez Antelo, Luis Alberto Rodriguez

17,29€

Marful proponnos unha cocteleira inspirada nos ritmos que soaban nas vilas galegas, entre os anos 30 e 50, nos salóns de baile e nos cafés cantantes. Unha época musical marcada polos ritmos de tradición americana que cohabitaban coa música popular e a canción melódica. Música elegante para unhas letras persoais e irónicas, letras en femenino feitas pola propia Ugia Pedreira e por escritores como Anxo Quintela, Ricardo Carvalho Calero, Olga Nogueira, Manolo Pipas ou o francés Jacques Prévert.

Marful, con Ugia Pedreira á fronte e con Pedro Pascual (acordeón diatónico), Pablo Pascual (clarinete baixo) e Marcos Teira (guitarra), presentan o seu primeiro disco, cun proxecto que nos abre xanelas na actual música de Galiza. Con eles colaboran Luis Alberto Rodriguez (bateria) e Xacobe Martinez Antelo (contrabaixo).

Tres grandes músicos e unha voz conmovedora -coñecidos e recoñecidos pola súas carreiras artísticas individuais- xúntanse nun disco inspirado nos carnés de baile cunha inequívoca vocación contemporánea.