Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Manual de Sedución

Dispoñibilidade: 5-7 días

Ano: 2010
Formato: CD
Idioma das letras: Castelán, Galego, Italiano
Código de barras: 8436030493161
Ref.: FAL718

Manual de Sedución

Marful

Editora: Autoeditado
Participan: Ugia Pedreira, Marcos Teira, Germán Díaz, Pedro Pascual, Pablo Pascual, Quim Farinha, José Manuel Díaz, Alejandro Vargas, Xacobe Martínez Antelo, Lar Legido

16,46€
15,25€

Unha revolución musical, en canto a arranxos, estética e letras

Marful, o grupo do que os seguidores e seguidoras din que “é o mellor que lle pudo pasar á musica galega nestes últimos 10 anos” presenta o seu segundo disco. Tras a grande acollida e as sorprendentes vendas do primeiro, co que percorreron palcos europeos e americanos e co que gañaron o premio do público ao mellor disco do ano 2006 na Radio Galega.

Manual de sedución é un disco luminoso, exuberante, viaxeiro, lisérsico, onírico entre o espazo e o tempo. Desde as tabernas dos portos até os xardíns románticos, desde os cinemas vellos até as grandes extensións de vides, do superficial ao profundo sen acritude, do corrosivo ao naif sen permiso.

Marful déixase seducir pola música popular galega, pola música italiana da Orquestra Strappini, polas amizades e as constantes viaxes a Cuba e a Brasil. E pérdense nas voltas da música ambulante, das variettés e das piscadelas ao music-hall. O resultado é un son clube, vintage e cool co carimbo do realismo máxico galego cheo de tópicos galego-portugueses e cargado de retranca.

En Marful atópanse tres músicos con maiúsculas e unha voz de intelixencia cautivadora: Ugia Pedreira, Marcos Teira, Pedro Pascual e Pablo Pascual. Catro sedutores que saben gañar o aplauso e o cariño do público alí a onde van.
 


Manual de Seducción está gravado nos Estudios Savik Sound co técnico José Trincado nos meses da primavera 2010 e foron acompañados nesta viaxe polos seus amigos e colaboradores habituais: Xacobe Martínez (contrabaixo) e LAR Legido (bateria e percusións) de Sumrá. A imaxe gráfica está asinada polos mellores deseñadores da vangarda galega. Dous patafísicos convencidos. O deseño do disco é de Misha Bies Golas e a fotografia do Pastor. O vestiario é dunha nova promesa, o deseñador Gonzalo Vázquez.

Ademais, contaron co talento e presenza de compañeiros como : David Herrington (trompeta, fliscorno), Diego Galaz (violín), os cubanos Alejandro Vargas (piano) e José Manuel Díaz (contrabaixo), Alfredo Rodríguez de Factoria Teatro (voz, narración), Paulo Gacio (flauta traveseira), Quim Farinha de Berrogueto (violín) e Germán Díaz (serra).