Dispoñibilidade: 10-15 días
Ano: 2011
Formato: CD
Idioma das letras: Galego
Haikus
Editora: Autoeditado
Participan: Guillermo Fernández, Pedro Pascual, Quim Farinha, Miguel Queixas, Álvaro Vieito, Héctor Lorenzo, Najla Shami
LOBALÚ ofrece un espectáculo íntimo e sinxelo onde o ingrediente esencial é a sensibilidade dos compoñentes e a do público, co que se trata de trazar unha ponte que facilite a comunicación e o goce. O repertorio abrangue distintos estilos, enchendo as composicións de grande sonoridade: jazz, música brasileira, pop ou folk, e sempre buscando a liberdade a partir da improvisación, traballando no terreo do acústico.
A banda nace no 2004 a partires da asociación de Najla Shami e Héctor Lorenzo Piñeiro despois do festival de verán FEITO A MAN en Santiago de Compostela. A partir dese momento a formación toma un carácter aberto traballando con moitos colaboradores. Xa no 2009 establécese unha nova banda a partir do comezo gravación do primeiro disco "Haikus" en Abrigueiro Estudios que verá a luz na primaveira do 2011, unha produción que se foi construíndo a partir do traballo de numerosos músicos e amigos:
NAJLA SHAMI: Voz
HÉCTOR LORENZO PIÑEIRO: Guitarra Rítmica
ÁLVARO VIEITO: Guitarra Solista
MICHEL GONZÁLEZ: Guitarra Solista
GUILLERME FERNÁNDEZ: Guitarra Solista
SERGIO TANNUS: Guitarra Solista, Cavaquinho, Mandolina
QUIM FARINHA: Violín, Viola
PEDRO PASCUAL: Acordeón
ALFONSO CALVO: Contrabaixo
ROI ADRIO: Percusión
ÁNGEL SANLUIS TEJADO: Percusión
MIGUEL QUEIXAS: Batería
ARTURO VAQUERO y JAHEL PIÑEIRO: Dende Abrigueiro Estudios.





