Dispoñibilidade: Inmediata
Ano: 2008
Formato: CD
Código de barras: 8436030491532
Ref.: FAL457
Diacronías
Editora: Falcatruada
Participan: Anxo Pintos, Rodrigo Romaní, Xosé Liz de Cea
Lizgairo é unha palabra galega que designa unha persoa con mente áxil i enxeñosa. Musicalmente falando, Lizgairo é unha concepción orixinal e criativa que nace de conxugar as melodías da tradición oral coas posibilidades acústicas de tres instrumentos tan pouco usuais coma a arpa, a zanfona e o bozouqui, e co garante dun trío de persoeiros referenciais na música galega contemporánea: Rodrigo Romaní (arpa e guitarra acústica), fundador e integrante de Milladoiro, grupo co que firmou dezaséis discos; Anxo Pintos (zanfona e violín), compoñente e fundador de Berrogüetto, sen dúbida a formación galega máis recoñecida e premiada en Europa; e Xosé Liz (bozouqui e guitarra acústica), fundador e membro de Beladona, Entretrastes…O trío Lizgairo ofrécenos un repertorio moi delicado, acústico e instrumental de once cancións baseadas en temas tradicionais con algunha achega propia que xorde espontánemente, froito da profisionalidade e talento dos seus integrantes. Unha volta de torca á música popular dende unha perspectiva acústica con recursos harmónicos e melódicos nunca escoitados até o de agora.





