Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Descarga ao vivo - Cuba - Galiza

Dispoñibilidade: 10-15 días

Ano: 2009
Formato: CD+DVD
Idioma das letras: Castelán, Galego
Código de barras: 8436030492638
Ref.: FAL632

Descarga ao vivo - Cuba - Galiza

VV.AA.

Editora: Falcatruada, aCentral Folque
Participan: Guadi Galego, Ugia Pedreira, Xabier Díaz, Marcos Teira, Pedro Pascual, Pablo Pascual, Edelmiro Fernández, Quim Farinha, Óscar Fernández, Pablo Castaño, Pablo Milanés, José Manuel Díaz, Raciel Jiménez, Alejandro Vargas, Gutier Álvarez, Ramom Pinheiro

17,95€

“Descarga ao vivo”: Galicia e Cuba. Un elenco musical de luxo e uns arranxos musicais entre o jazz latino e o folk europeo. Profesores de aCentral Folque e do Instituto Superior de Arte Cubano. Unha orquestra mixta. Grabacións ao vivo na Habana en 2008 e na Coruña, Compostela e Vigo en 2009. Sons que facían bailar a galegos e mulatos nos xardíns da Tropical, na capital cubana. Doce temas con melodías emblemáticas para a emigración galega e temas inéditos, froito da investigación de Ramom Pinheiro (director artístico do proxecto). Todo isto é "Descarga ao vivo", un espectáculo que fusiona a música galega e a cubana e que fai vibrar o corazón ao son do danzón e da guajira, da muiñeira e da habanera.