Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Cantos na maré

Dispoñibilidade: Últimas unidades

Ano: 2005
Formato: CD
Idioma das letras: Galego, Portugués
Código de barras: 8436030491181
Ref.: EC001

Cantos na maré

VV.AA.

Editora: Cartafol Editores
Participan: Uxía, Xabier Díaz, Manecas Costa

14,95€

A edición discográfica do espectáculo Cantos na Maré é un soño que converteu en realidade en nadal de 2005. Un soño dunha noite de verán, a do 16 de agosto de 2003, durante a cal, na pontevedresa praza da Ferrería, se xuntaron as voces de diferentes artistas que teñen a lusofonía como denominador común: Chico César de Brasil, Uxía de Galicia, Filipa Pais de Portugal, Manecas Costa de Guinne-Bissau, Astra Harris de Moçambique, Xabier Díaz de Galicia, e Jon Luz de Cabo Verde.

Tema: "Cantos na Maré" (o vídeo corresponde á edición 2008)

 

 

Estes artistas fixeron do seu concerto unha festa da música en galego-portugués, unha celebración do mar como elemento de unión e unha cita para ritmos cálidos e festivos. Unha mestura de sabores africanos, brasileiros, portugueses e galegos que deron como resultado un prato exquisito. Este CD recolle os sons daquel primeiro concerto da praza da Ferrería.

O disco, que recolle 16 cancións gravadas en directo, está producido por Nordesía baixo a dirección de Uxía Senlle, e ve a luz nun digipack especial (12x18 e libreto de 28 páxinas) cunha arte final realizada polo deseñador e ilustrador Fausto Isorna. Unha edición especial que non atoparás nas tendas.

 


Temas que inclúe o CD:
01 – Cantos na Maré
02 – Respeitem meus cabelos brancos
03 – Deusa mulata
04 – Onde estará o meu amor-
05 – O Altinho
06 – Que noite sere
07 – Pensar em você
08 – Rumba
09 – Somos Batuko Tabanka
10 – Bela Ingrata
11 – Paraiso di Gumbé
12 – Pertu di Bo
13 – Nha Mame
14 – Elisa Gomara
15 – Moçambique Tropical
16 – Mamá África