Inicio > Música > Novo Folc > Cantigas do camiño
Dispoñibilidade: 5-7 días
Ano: 2010
Formato: CD+Libro
Idioma das letras: Galego
Código de barras: 804071001467
Cantigas do camiño
Editora: Fol Música
Participan: Guadi Galego, Uxía, Berrogüetto, Milladoiro, Suso Vaamonde Manteiga, Xosé Lois Romero, Treixadura, Vaamonde, Lamas & Romero, Pedro Lamas, Emilio Rúa, Susana Seivane, Faltriqueira, Luar na Lubre, Fuxan os Ventos, Leilía, Sondeseu
Cantigas do Camiño é un proxecto colectivo que é posíbel grazas á colaboración, a ilusión e o esforzo dos artistas que teñen creado, composto e gravado cada canción especialmente para este disco; tamén de tódolos profesionais, fotógrafos, ilustradores, técnicos e enxeñeiros de son que van participar nas gravacións.
Os artistas que participan neste disco son unha magnífica representación da música da Galiza, unha música única no mundo, con personalidade de seu. Esta visión da música do Camiño de Santiago é herdeira de centos de anos de tradición musical, pero tamén é unha proposta persoal e contemporánea.
En cada canción hai unha búsqueda creativa complexa, necesaria para compor unha obra inspirada e relacionada co Camiño de Santiago.
Estas cancións son a nosa tradición viva, chea de enerxía creativa. Desfrutemos do Camiño escoitando esta fermosa música.





