Dispoñibilidade: 10-15 días
Ano: 2010
Formato: CD
Idioma das letras: Galego
Código de barras: 804071001276
Bonovo
Editora: Fol Música
Participan: Óscar Fernández, Pulpiño Viascón, Roberto Grandal
Bonovo nace como un proxecto musical co propósito de satisfacer as inquedanzas de tres músicos na procura dunha nova sonoridade. A fusión das músicas que levan no seu interior conforma este trío… lixeiramente asíncrono. Bonovo comeza aquí o camiño na busca do establecido e que ten como principio fundamental a fusión de tres instrumentos e personalidades propias, nunha simbiose musical imprevisible. Tres coñecidos músicos galegos: Óscar Fernández, Roberto Grandal e Pulpiño Viascón, con traxectorias musicais moi dispares conflúen nun proxecto que aporta aire fresco e unha nova sonoridade ao panorama musical galego. Bonovo persentouse para Galiza no verán de 2007 no escenario do Festival do Mundo Celta de Ortigueira, e a través de Abada para o resto do mundo na feira internacional WOMEX en Sevilla. O grupo destaca como proxecto innovador no tocante ao tratamento dos intrumentos, ao uso e adaptación do cancioneiro popular, aínda que o repertorio ofrece unha maioría de composicións propias.





