Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Árnica Pura...

Dispoñibilidade: 10-15 días

Ano: 2011
Formato: CD
Idioma das letras: Galego

Árnica Pura...

Davide Salvado

Editora: Autoeditado

16,46€
15,25€

Produción artística de Eliseo Parra

Froito da carreira artística de Davide Salvado sae hoxe á luz este traballo, a primeira compilación que o artista de Marín (Pontevedra) ofrécenos para gozar da súa selección musical máis persoal, desde o máis puro e tradicional de Galicia ao bolero cubano. Davide pretende alegrar o espírito das persoas transmitindo a súa paixón natural pola beleza das cousas. "Árnica Pura..." recolle música pola supremacía estética e regálanos minutos dunha das voces masculinas máis novas e belas da nosa terra.

Davide Salvado é dos músicos que comezou a súa formación no Conservatorio Folque de Lalín, hoxe en día radicado en Santiago de Compostela. Para os concertos a voz de Salvado, quen tamén toca percusións, está acompañada do acordeón de Xan Pampín e o saxofón de Pablo Dalama.