Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Ajrú

Dispoñibilidade: 10-15 días

Ano: 2003
Formato: CD
Idioma das letras: Galego
Código de barras: 8424295028389
Ref.: DM838-02

Ajrú

Mercedes Peón

Editora: Discmedi
Participan: Fernando Abreu, Pancho Álvarez

12,20€

Ajrú continua a estética novidosa e moderna das composicións de Mercedes Peón. Pero desta volta vai alén, inzando as pezas con loops, baixos e percusións obsesivas e tribalistas, acadando ambientes de grande enerxía e entroncando coas correntes folc do continente.
O traballo ten influencias africanas ou tecno, por poñer un exemplo, pero non renega das súas raigames tradicionais, sendo moitas das bases melodías populares, empregando instrumentos tradicionais e, como non, cantando coa xa característica enerxía das pandereteiras galegas.