Dispoñibilidade: Inmediata
Ano: 2010
Formato: CD
Idioma das letras: Galego
Código de barras: 8436030493079
Ref.: FAL688
Acó descansan os nosos ósos agardando polos vosos
Editora: Autoeditado
Seserit é o antigo nome dunha parroquia rural galega. A parroquia foi ata hai ben pouco o xeito de asentamento e vida en Galiza. Obviamente xa non é nin moi viva nin forte, a parroquia rural leva anos perdendo poboación e está a desaparecer: Antes como consecuencia de políticas esóxenas – cando Galiza non tiña ningún tipo de poder político – que forzaron a saida de milleiros de persoas fóra de Galiza . E agora – dende que xa temos goberno autónomo – pola mesma razón pero con colaboración endóxena, cunha emigración maioritariamente ás cidades e vilas do país, como resultado das poucas posibilidades de futuro que nos deixaron no rural, ficando as parroquias con pouca xente e avellentadas. Galiza debe ao seu mundo rural o seu idioma, a sua idiosincrasia, a sua retranca, a sua cultura etc ( cousas que previsiblemente desaparecerán a continuación ) mais a pesares disto grande parte dos galegos sempre renegaron deste mundo, aínda procedendo del. Porén a música e letras de Seserit inspíranse principalmente nel, porque esmorecente aínda respira.





