Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Introvision

Dispoñibilidade: Inmediata

Ano: 2009
Formato: CD
Código de barras: 8437009570449
Ref.: PMCD269

Introvision

Invivo

Editora: Producciones Malditas

9,99€

A banda compostelá de metal cru INVIVO edita con Producciones Malditas o seu primeiro longa duración, “INTROVISIÓN”. O disco aparece distribuído en tendas por Lonxa Cultural e na rede a través de Producciones Malditas. Consta de 13 temas propios gravados e mesturados por Yago Pico en Pousada Son Studios de Ames (GZ), con quen o grupo comparte produción e masterizados por Peter In de Betou en Tailor Maid Studios de Suecia (Messuggah, Arch Enemy, Dark Tranquility, Nasum, Millencolin, Coilbox,…). Destaca así mesmo unha coidada presentación cun deseño realizado por Matías Ascariz e fotografías de Martín Rendo (SUVE Estudio).

O grupo foi formado a inicios do 2006 por músicos veteranos da escena metal e rock galega. A batería de Ricardo González (Inopexia, Entrance), a voz e guitarra de Mario César (Túzaros), as guitarras de Roberto Couto e o baixo con segundas voces de Roberto Filgueira (ambos procedentes de Entrance e Clan Devi), son as chaves mestras que dan forma a un potente combo. En xullo de 2007 gravan o tema “Por que nacer” nos Pousada Son Studios para o recompilatorio Apostolocausto. En novembro de 2007 revisan os temas “Tuneladores” e “Os brazos de Deus” nos Estudos da Radio Galega (Santiago D.C.). En abril de 2008 gravan “Prestigio” nos estudos Mafia Records de O Carballiño (Ourense) para o disco recompilatorio Derrameidea 2008.